viernes, 14 de noviembre de 2008



Clube de lectura
Este curso o día da biblioteca puxemos en marcha o clube de lectura.
Forman parte deste clube alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º curso. Ainda que nun primeiro momento pensamos en comenzar con 5º e 6º , o interese dos alumnos e alumnas de 4º fixeron que nos replantearamos o número de membros e incorporouse 4º, esta circunstancia propiciou a incorporación da mestra Marisol, coordinadora de Normalización Lingüística ademáis da encargada da biblioteca, Genoveva.
Dividimos o club por cursos pola imposibilidade de reunirnos ao mesmo tempo todos, e que todos poideran opinar, en so media hora de recreo.
En 4º participan 17 nenos e nenas, en 5º hai 15 membros e en 6º participan 8.
Eleximos tres libros diferentes:
4ª está a ler: Os amores de Bruno de Antón Cortizas
5º está lendo: Os Megatoxos e o aprendiz de druída de Anxo Fariña
6º comezou coa lectura de: O carteiro de Bagdad de Marcos S. Calveiro
Pensamos na utilización de tres libros diferentes porque así temos a posibilidade de que todos lean tres volumenes diferentes.
Para elexir os libros contamos coa opinión do alumnado, que forma parte do club.
As reunións fanse na biblioteca os xoves na hora do recreo, cada 15 días para cada grupo
¿ Que facemos no clube de lectura?
Lemos o libro individualmente
Reunímonos os xoves na hora do recreo na biblioteca, cada 15 días, de 11.25 a 11.55
Facemos comentarios sobre o libro os personaxes, a maneira de escribir do autor, ...
Podemos participar en actividades organizadas con relación ao libro, proxeccións, este próximo 21 de novembro visitaranos o autor Anxo Fariña xa que estamos a ler : Os Megatoxos e o aprendiz de druída
Poñémoslle un nome ao club, imos diseñar unhas tarxetas identificadoras para os membros do club, e tamén unha carpeta.
Compartimos as nosas opinións

1 comentario:

XUR dijo...

Hola son Xurxo do colexio de carnota. Os contos están moi ben.